Eu ó teu país fun brillar / e soltáchesme a noite para que me trabase (Lucía Aldao)

Etiqueta: Identidade

Nee Barros: “Eu non sinto a necesidade de definirme con etiquetas”
CPI Xanceda, Cultura, Igualdade

Nee Barros: “Eu non sinto a necesidade de definirme con etiquetas”

Ao grupo de 2º da ESO do noso centro suxeríuselle a lectura do libro “Identidade” de Nee Barros e, a raíz disto, puidemos ter a marabillosa oportunidade de entrevistar o escritore desta obra de teatro centrada en atoparte a ti mesme. Por: Sabela Martínez, Claudia Rodríguez e Juan Cao Nee Barros identifícase co pronome neutro elu (aínda que non lle importa que o identifiquen co masculino) e, en canto lle preguntamos iso, elu interesouse ao instante en saber os nosos para que a entrevista fose o máis cómoda posible. Pódesnos falar un pouco sobre os pronomes neutros en galego? Basicamente, en galego estamos intentando propor a forma elu para o pronome neutro. Intentamos crear unha semellanza formal co resto de pronomes para que se pareza ao el e ao ela, pero que tamén sexa neutr...