Nuria Garaboa Carro: “Compensa ver un produto excelente no mercado no que ti tes gran parte da culpa”
Nuria Garaboa Carro é unha muller de 35 anos de Visantoña que traballa na Casa Grande de Xanceda, na cal se atopa moi cómoda e feliz, e onde desempeña o posto de responsable de Calidade e I+D+I (investigación + desenvolvemento + innovación). Por Diana Grobas, Alba Carro e Jennifer López En que consiste exactamente o teu traballo? Eu encárgome do control de calidade de todos os produtos de marca Casa Grande de Xanceda. Para iso, hai que controlar o proceso de fabricación de principio a fin, é dicir, as materias primas necesarias (leite, marmeladas, fermentos..), o proceso de fabricación e o produto final cos seus correspondentes controis analíticos. No apartado de I+D+i ocúpome dos novos produ...