Eu ó teu país fun brillar / e soltáchesme a noite para que me trabase (Lucía Aldao)

Etiqueta: Igualdade

O CPI de Xanceda de fronte ás violencias machistas
CPI Xanceda, Igualdade

O CPI de Xanceda de fronte ás violencias machistas

A cadea humana formada no CPI de Xanceda. Por: Estela Couselo e Sabela Varela. Con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, 25 de novembro, o pasado venres 24 organizouse un acto no CPI de Xanceda, en colaboración co Concello de Mesía, ao que asistiron os diferentes membros da comunidade educativa, así coma representantes da corporación municipal e veciñas/os. A conmemoración tivo como lema o da campaña da Deputación da Coruña, “DE FRONTE á violencia de xénero”, e o acto comprendeu a realización dunha cadea humana caracterizada pola vestimenta negra das personas participantes e a lectura dun manifesto por parte do alumnado do 6º curso da Educación Primaria e dos diferentes cursos da Educación Secundaria. As encargadas de ler ...
Lúa Mosquetera: “Coido que un bo artista debe estar sempre atento para aprender e inspirarse nos demais”
CPI Xanceda, Cultura

Lúa Mosquetera: “Coido que un bo artista debe estar sempre atento para aprender e inspirarse nos demais”

O pasado día 16 de decembro veu a escritora Lúa Mosquetera ao CPI de Xanceda para ofrecernos un recital de poesía e tivemos a oportunidade de entrevistala. Lúa Mosquetera e Pablo Seijas no CPI de Xanceda Por: Alba Fiaño e Jennifer López. Cando comezaches a escribir ? Comecei a escribir de nena, con só sete anos xa escribía contos e poemas no colexio. Gañei varios premios literarios de rapaza, mais logo deixei de lado a escritura. Retomeina con vinte e sete anos e decidín tomala moi en serio, para que se convertera na miña profesión. Dos libros que ti escribiches cal é o teu favorito ? Todos os libros que escribín parécenme moi especiais e importantes. Pero agora mesmo escollería a miña primeira novela, “¡Yo vivo!”. Como nace esta novela que escribiches, como foi o paso...
O alumnado do CPI de Xanceda realiza unha andaina o 25 de novembro para manifestar o seu rexeitamento á violencia machista.
CPI Xanceda, Igualdade, Mesía e comarca

O alumnado do CPI de Xanceda realiza unha andaina o 25 de novembro para manifestar o seu rexeitamento á violencia machista.

No Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, alumnado e profesorado camiñaron ata a Casa do Concello, onde leron un manifesto. Rapazas e rapaces de E. Infantil, Primaria e ESO coas súas pancartas. Por: Yaiza Lareo Gómez e Sara Martínez Quindimil No 25 de novembro, día no que se loita contra a violencia machista, no CPI de Xanceda realizouse unha andaina dende o instituto ata a Casa do Concello. Este evento comezou ás once da mañá, hora á que alumnado e profesorado saíron do centro. Ao chegar ao concello, preto das once e cuarto, as rapazas e rapaces de Educación Infantil e Primaria formaron a frase "Querémonos vivas" con grandes letras decoradas ao seu gusto. O alumnado da ESO fixo pancartas que contiñan frases como: "Se doe non é amor" , "...