A nosa viaxe de inmersión lingüística a Dublín
Entre os días 14 e 19 do pasado mes de abril, as alumnas e alumnos de 2º e 3º da ESO do CPI de Xanceda puidemos gozar dunha viaxe de seis días á capital e cidade máis poboada da República de Irlanda, Dublín. Velaquí unha síntese destes días por terras irlandesas... Por: Adriana García Cruz Día 1 - Domingo 14 O día da saída, tiñamos que estar no aeroporto ás 15:30 para facturar e pasar o control de seguridade. Todo saiu segundo o esperado, fixemos o embarque e, despois dunha viaxe de dúas horas e media de duración, ás 19:30h chegamos ao noso destino. Dende o aeroporto, desprazámonos ao centro e logo andamos coas nosas maletas polas rúas dublinesas até chegar a nosa residencia,"Leevin Hostel". Déronnos unha pulseira co nome da mesma para así identificarnos, dixéronnos os horario...