Eu ó teu país fun brillar / e soltáchesme a noite para que me trabase (Lucía Aldao)

Etiqueta: Londres

Viaxe de estudos a Londres do alumnado do CPI de Xanceda
CPI Xanceda

Viaxe de estudos a Londres do alumnado do CPI de Xanceda

Do 19 ao 24 de marzo, a rapazada de terceiro e cuarto curso da ESO do CPI de Xanceda tivemos a oportunidade de visitar a cidade británica de Londres e coñecer mellor a súa cultura e o seu idioma Por: Juan Cao Grupo de 3º e 4º de ESO O domingo dezanove de marzo, ás dez e media da mañá, tomaba voo o avión que nos levaría a unha viaxe inesquecible para todo o grupo, chea de experiencias, paseos pola cidade, visitas a monumentos e atraccións e viaxes en metro; pero, sobre todo, risas e diversión. Chegamos á cidade e fomos directamente ao hotel para desfacer as maletas. Deseguido, achegámonos ao mercado de Candem para pasar a tarde e, á beiriña da noite, fomos a Piccadilly Circus, onde contemplamos as grandes pantallas cheas de cores e luces. Para rematar o día, ceamos en China Town...