Eu ó teu país fun brillar / e soltáchesme a noite para que me trabase (Lucía Aldao)

Etiqueta: Mesía

Celébrase en Visantoña o primeiro “derbi” da tempada
Deportes, Mesía e comarca

Celébrase en Visantoña o primeiro “derbi” da tempada

Partido disputado no campo de futbol das Brañas, Visantoña. Por: Sara Martínez Quindimil e Lucas Rodríguez Quindimil Este domingo 26 de novembro disputouse o partido máis esperado no noso concello. Trátase do primeiro derbi, o primeiro Visantoña - Mesía desta nova tempada. O encontro comezou ás 16:15 da tarde, e con el a tensión, pois se algo caracteriza os nosos "derbies" é a rivalidade deportiva, as ansias por competir e gañar. Dos últimos catro encontros disputados, un gañouno o C.F. Visantoña, noutro houbo un empate e os demais tiveron un resultado favorable para o C.D. Mesía. Porén, co resultado deste último, iguálanse as vitorias entre os dous equipos. En efecto, o partido decidiuse a favor do C.F. Visantoña, cunha diferenza de dous goles a cero. No minuto 31 do primeir...
Torneos solidarios en Visantoña
Principal

Torneos solidarios en Visantoña

Final do torneo: Betanzos CF - Sporting Cambre Por: Sara Martínez Quindimil O sábado 30 de setembro e o xoves 12 de outubro tiveron lugar en Visantoña dous torneos de fútbol solidarios: un en categoría alevín (fútbol oito) e outro en categoría veterana (fútbol once e fútbol sete). Os fondos recadados serán destinados para axudar a Sergio co seu tratamento. Sergio é un rapaz de 17 anos que vive en Olas, Mesía, o concello ao que pertence a nosa escola. Este neno é unha das tres persoas de España que padecen unha enfermidade rara chamada paraparesia espástica tipo 50 (SPG50). Esta doenza neuromuscular dexenerativa produce síntomas como: déficit cognitivo, espasticidade progresiva, que provoca dificultade para camiñar e para falar, e ataques epilépticos, nalgúns casos. Pero, se accede á ...
O C.D. Mesía comeza a liga de fútbol 11
Deportes, Principal

O C.D. Mesía comeza a liga de fútbol 11

O C.D. Mesía comezou a liga enfrontándose na casa ao Atlético Sobrado Xuventude o pasado domingo 24 de setembro ás 18:00. Iker Cao disputando un balón aéreo. Por: Vítor Sánchez e Lucas Rodríguez O Atl. Sobrado Xuventude venceu o C.D. Mesía por 0 - 6 no seu primeiro partido de Terceira División Galega disputado este domingo no campo de fútbol "Municipal de Mesía". Con este resultado, o equipo visitante é primeiro con tres puntos, mentres que o local é décimo sexto, sen puntos na súa conta tras o encontro. O adestrador do C.D Mesía incorporou a Abel Muíño Núñez, Pablo Nogareda Suárez e Ángel Rouco Orgueira por Jairo Andrés Valbuena Durán, Manuel Antonio Bermúdez Cao e Alejandro Regueiro Sánchez, mentres que o Atl. Sobrado Xuventude deu luz verde a Bairon Stevenson González...
O PSOE vence con maioría absoluta nas eleccións municipais en Mesía
Mesía e comarca

O PSOE vence con maioría absoluta nas eleccións municipais en Mesía

Mariano Iglesias Castro, alcalde de Mesía, gañou de novo con maioría absoluta as eleccións 2023. Por: Javier López, Miguel Pernas e Pablo López Nas eleccións municipais celebradas o pasado 28 de maio rexistrouse no concello de Mesía unha participación do 78,34% do censo, cun total de 1682 votos contabilizados. Os resultados ofreceron algúns cambios respecto á pasada lexislatura. Así, o PSOE perdeu un escano, pois contaba con 9 e agora quedará con 8; o PP gañou un representante, polo que pasará a contar con 2; por último, o BNG, mantense na situación anterior, cunha única concelleira na corporación municipal. Total: 1682 Votos en branco: 8 Votos nulos: 15 Abstencións: 465 Distribución de votos e escanos entre as tres candidaturas que se presentaron ás elecc...
Un camión choca contra unha casa en Cumbraos
Mesía e comarca

Un camión choca contra unha casa en Cumbraos

O accidente, que se produciu arredor das 15.00, tivo como resultado un ferido grave e importantes danos materiais. Lugar do accidente Por: Javier López e Rodrigo Cao Un camión que circulaba pola N-634 desviouse e bateu contra unha casa situada ao pé da estrada. Co impacto, a cabina do vehículo acabou dentro da vivenda, onde reside unha señora de 80 anos que nese intre estaba durmindo. O inmoble sufriu severos danos materiais, xa que se derrubaron as paredes de dous dos seus cuartos. Afortunadamente, a cisterna do camión, que se destina ao transporte de leite, ía baleira; ademais, antes de chocar contra a casa, impactou nun poste de electricidade, polo que se reduciu a súa velocidade, evitando que chegase ata o lugar onde se encontraba a señora. O gardarraíl foi baldío nesta sit...
Mariano Iglesias Castro, alcalde de Mesía: “O concello sempre estará en contra da implantación dos eólicos, aínda  que creamos nas enerxías renovables”
Medio ambiente, Mesía e comarca

Mariano Iglesias Castro, alcalde de Mesía: “O concello sempre estará en contra da implantación dos eólicos, aínda que creamos nas enerxías renovables”

Desprazámonos á Casa do Concello de Mesía para entrevistar e coñecer un pouco máis a fondo ó actual alcalde , Mariano Iglesias Castro, que desempeña o cargo desde 2007. Por: Rodrigo Cao e Pablo López Ten vostede pensado volver a presentarse ás eleccións municipais? Coido que iso non depende só de min, depende do feito de que os meus compañeiros de grupo consideren que sigo sendo a persoa axeitada e, se a saúde me acompaña, probablemente me presente. Unha das maiores preocupacións da veciñanza deste concello e de concellos limítrofes é o parque eólico que se quere implantar en parte do noso municipio. Que opina vostede respecto a este tema? O concello sempre estivo, está e estará en contra da implantación dos eólicos no noso concello, non porque non crea nas...
Victoria do CD Mesía ante o CF Visantoña por 0-1, nun esperado encontro
Mesía e comarca

Victoria do CD Mesía ante o CF Visantoña por 0-1, nun esperado encontro

O 27 de novembro, ás 17:00h celebrouse no campo das Brañas o partido entre CF Visantoña e CD Mesía, que rematou cunha vitoria para o clube de Mesía. Por: Sergio Vázquez e Miguel Pernas O partido comezou con moita tranquilidade e poucas ocasión para ambos equipos. No minuto 37, o CD Mesía recibiu o seu primeiro cartón amarelo nunha dura entrada de José Peteiro. A primeira parte acabou con empate e con poucas ocasións. Volveron saltar os xogadores ao campo e, no minuto 56, o CD Mesía viu o seu segundo amarelo por parte de Diego Martínez. O CD Mesía realizou cambios tácticos para tratar de adiantarse no marcador: no minuto 60 entran Javier Fernández e Uxío Pedreira por Diego Martínez e Antonio Villasenín. Un minuto despois de realizar os cambios, Daniel Aguión estrea a conta de amare...