Eu ó teu país fun brillar / e soltáchesme a noite para que me trabase (Lucía Aldao)

Etiqueta: mosteiro de Caaveiro

Visita ás Fragas do Eume
CPI Xanceda, Medio ambiente

Visita ás Fragas do Eume

O martes día 7 de maio o alumnado da ESO realizamos unha saída ás Fragas do Eume para facer unha ruta e visitar o mosteiro de San Xoán de Caaveiro. A ponte e o mosteiro de Caaveiro, nas Fragas do Eume. Por: Uxía Cernadas Pérez, Miguel González Cabana e Alba Sánchez García Comezamos saíndo do colexio arredor das 10:00. Fomos en dous autobuses, nos cales íamos divididos por cursos: primeiro e segundo nun autobus e terceiro e cuarto noutro. Esta excursión foi organizada polo Departamento de Relixión polo que nos acompañou Marisé, profesora desa materia, e tamén viñeron connosco Sandra e Víctor, ambos os dous profesores de Xeografía e Historia. A visita comezou nunha casa vendo un vídeo sobre as especies que podiamos encontrar pola zona. Entre elas encontrábanse x...