Eu ó teu país fun brillar / e soltáchesme a noite para que me trabase (Lucía Aldao)

Etiqueta: reportaxe

As novidades da lei educativa LOMLOE no Ensino Secundario
CPI Xanceda

As novidades da lei educativa LOMLOE no Ensino Secundario

A lei educativa LOMLOE trae con ela moitos cambios a partir deste curso 2022/23. Estes repercuten nas materias, nas avaliacións e nos Programas de Diversificación Curricular. Alumnos e alumnas de 4º da ESO. POR: Sara Martínez Quindimil, Lucas Rodríguez Quindimil e Vítor Sánchez Mira. A nova lei LOMLOE (Lei Orgánica de Modificación da LOE), que foi aprobada o 29 de decembro de 2020, afecta a todos os niveis de ensinanza excepto o universitario; porén, si afecta ao acceso á universidade. As que se expoñen a continuación son as modificacións máis destacadas que se producen na ESO (Educación Secundaria Obrigatroria). No referente ás materias: Desaparece a diferenza entre Matemáticas Académicas e Matemáticas Aplicadas en 3º da ESO, pero séguese mantendo en 4º da ESO. A materia d...
A escaseza de chuvia provoca estragos nas plantacións de millo da comarca de Ordes
Medio ambiente, Mesía e comarca

A escaseza de chuvia provoca estragos nas plantacións de millo da comarca de Ordes

A produción de millo na comarca viuse moi afectada pola seca dos últimos meses. Millo estragado na comarca de Ordes. Por: Javier López Os campos galegos non están preparados para as vagas de calor nin para os períodos longos de seca. Un exemplo diso é a falta de chuvia que está afectando de maneira considerable ás plantacións de millo. As altas temperaturas do verán e a escaseza de auga impediron o crecemento normal destas plantas. Esperábanse precipitacións a finais de agosto, pero finalmente nunca chegaron e, como consecuencia, saíu un millo pequeno e seco e, o peor de todo, de moi mala calidade. As zonas máis afectadas da comarca son as do interior, como Mesía, Trazo, Ordes e Curtis. Das 45.000 hectáreas de millo plantado na provincia da Coruña, 10423 pertence...