Eu ó teu país fun brillar / e soltáchesme a noite para que me trabase (Lucía Aldao)

Etiqueta: Rosalía de Castro

Visita do alumnado da ESO á Casa Museo Rosalía de Castro
CPI Xanceda, Cultura

Visita do alumnado da ESO á Casa Museo Rosalía de Castro

O alumnado de 1º 2º e 3º da ESO fomos de excursión á Casa da Matanza en Padrón, lugar onde viviu a poeta Rosalía de Castro antes do seu pasamento. Por: Juan Cao Estatua de Rosalía de Castro na Casa da Matanza "Quen ten casa de seu ten media vida."Rosalía de Castro, Follas Novas O mércores vinte e sete de abril, o alumnado da ESO do CPI de Xanceda, tivemos a oportunidade de visitar a Casa Museo de Rosalía de Castro en Padrón. Nela puidemos ver o lugar onde viviu ata a súa morte e entender mellor como foi a súa vida. No museo vimos unha gran variedade de documentos da época, algúns cadros pintados polo seu fillo e moitas pertenzas da autora que nos axudaron a coñecer mellor a súa vida e entender mellor a súa obra. Ademais, desfrutamos do xardín da casa onde había moitas esp...