Eu ó teu país fun brillar / e soltáchesme a noite para que me trabase (Lucía Aldao)

Etiqueta: saídas escolares

Visita ás Fragas do Eume
CPI Xanceda, Medio ambiente

Visita ás Fragas do Eume

O martes día 7 de maio o alumnado da ESO realizamos unha saída ás Fragas do Eume para facer unha ruta e visitar o mosteiro de San Xoán de Caaveiro. A ponte e o mosteiro de Caaveiro, nas Fragas do Eume. Por: Uxía Cernadas Pérez, Miguel González Cabana e Alba Sánchez García Comezamos saíndo do colexio arredor das 10:00. Fomos en dous autobuses, nos cales íamos divididos por cursos: primeiro e segundo nun autobus e terceiro e cuarto noutro. Esta excursión foi organizada polo Departamento de Relixión polo que nos acompañou Marisé, profesora desa materia, e tamén viñeron connosco Sandra e Víctor, ambos os dous profesores de Xeografía e Historia. A visita comezou nunha casa vendo un vídeo sobre as especies que podiamos encontrar pola zona. Entre elas encontrábanse x...
Viaxe de estudos a Londres do alumnado do CPI de Xanceda
CPI Xanceda

Viaxe de estudos a Londres do alumnado do CPI de Xanceda

Do 19 ao 24 de marzo, a rapazada de terceiro e cuarto curso da ESO do CPI de Xanceda tivemos a oportunidade de visitar a cidade británica de Londres e coñecer mellor a súa cultura e o seu idioma Por: Juan Cao Grupo de 3º e 4º de ESO O domingo dezanove de marzo, ás dez e media da mañá, tomaba voo o avión que nos levaría a unha viaxe inesquecible para todo o grupo, chea de experiencias, paseos pola cidade, visitas a monumentos e atraccións e viaxes en metro; pero, sobre todo, risas e diversión. Chegamos á cidade e fomos directamente ao hotel para desfacer as maletas. Deseguido, achegámonos ao mercado de Candem para pasar a tarde e, á beiriña da noite, fomos a Piccadilly Circus, onde contemplamos as grandes pantallas cheas de cores e luces. Para rematar o día, ceamos en China Town...
Alumnado da ESO visita a cidade de Santiago de Compostela
CPI Xanceda, Cultura

Alumnado da ESO visita a cidade de Santiago de Compostela

O día 20 de marzo o alumnado de 1º, 2º e 4º de ESO do CPI de Xanceda visitamos Santiago para coñecer a historia da cidade e a catedral Por: David Pérez Alumnado de 1º de ESO nas cubertas da catedral de Santiago. A visita dividiuse en tres partes: na primeira percorremos as rúas máis coñecidas de Santiago; na segunda, coñecemos as cubertas da catedral e, por último, vistamos o seu interior. Durante a visita á cidade de Santiago, realizamos unha andaina polas rúas do casco histórico, acompañada dunha explicación da profesora de Historia sobre a arquitectura de diversos edificios, así como a historia dalgunha rúa moi coñecida, por exemplo, a Rúa Nova. Tamén nos detivemos nalgunhas casas destacadas, que na súa fachada contiñan escudos que indicaban a que estamento pertencían; por ...
O alumnado do CPI de Xanceda realiza unha andaina o 25 de novembro para manifestar o seu rexeitamento á violencia machista.
CPI Xanceda, Igualdade, Mesía e comarca

O alumnado do CPI de Xanceda realiza unha andaina o 25 de novembro para manifestar o seu rexeitamento á violencia machista.

No Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, alumnado e profesorado camiñaron ata a Casa do Concello, onde leron un manifesto. Rapazas e rapaces de E. Infantil, Primaria e ESO coas súas pancartas. Por: Yaiza Lareo Gómez e Sara Martínez Quindimil No 25 de novembro, día no que se loita contra a violencia machista, no CPI de Xanceda realizouse unha andaina dende o instituto ata a Casa do Concello. Este evento comezou ás once da mañá, hora á que alumnado e profesorado saíron do centro. Ao chegar ao concello, preto das once e cuarto, as rapazas e rapaces de Educación Infantil e Primaria formaron a frase "Querémonos vivas" con grandes letras decoradas ao seu gusto. O alumnado da ESO fixo pancartas que contiñan frases como: "Se doe non é amor" , "...
Visita ao laboratorio do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela (CHUS)
CPI Xanceda

Visita ao laboratorio do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela (CHUS)

O día 9 de xuño o alumnado de 4ºESO do CPI de Xanceda visitaron o laboratorio do CHUS. Por: Antía López A visita dividiuse en dúas partes: na parte inicial da visita fomos á área de endocrinoloxía e na segunda ao laboratorio de oncoloxía. Na área de endocrinoloxía faláronnos das células musculares, ensináronnos imaxes para vermos como é unha rotura de fibras musculares. Tamén nos mostraron como podemos diferenciar o sangue con anticoagulante e sen el. A continuación, puidemos realizar unha práctica que consistía en traspasar mostras de analíticas dun recipiente a outro. Na segunda parte da visita, xa no laboratorio de oncoloxía, aprendemos, a través dunha breve presentación, como se desenvolve o cancro a nivel celular e as súas principais causas. Deste xeito podemos saber...
Viaxe do alumnado de 4º ESO a Mallorca
CPI Xanceda

Viaxe do alumnado de 4º ESO a Mallorca

Do día catro ao seis de maio, o alumnado de 4º ESO realizamos unha viaxe de fin de curso á illa de Mallorca,. Foron uns marabillosos dias nos que tivemos o pracer de visitar numerosos lugares da illa. Por: Claudia Regueiro e Selma Blanco No segundo día da nosa excursión por Mallorca, comezamos a coñecer as partes máis agochadas dailla. COVAS DO DRACH Situadas en Porto Cristo, na costa oriental de Mallorca, estas covas de 1200m de lonxitude e unhaprofundidade de 25m son un gran atractivo para quen as visita. Ademais, puidemos gozar da súabeleza acompañada dun concerto de música clásica en barcas, nas que posteriormente atravesamos o lago subterráneo. TRAVESÍA EN CATAMARÁN E RUTA POR PALMA Navegamos pola costa mallorquina durante horas. Fondeamos perto da Cala Vella...
Rosalía de Castro: lugares da súa vida
CPI Xanceda, Cultura

Rosalía de Castro: lugares da súa vida

O día 7 de marzo os alumnos e alumnas de 4º ESO fixemos unha saída coa profesora deXeografía e Historia, Sandra Irsheid, a Santiago de Compostela. Realizamos un roteiro que pasaba por diversas zonas que formaron parte do día a día da vida de Rosalía de Castro. Por Claudia Regueiro A nosa ruta comezou na Praza de Vigo, no monumento Rosalía de Castro, onde se nos deron a coñecer algunhas pasaxes da súa vida e lemos algúns dos seus poemas. Durante a excursión visitamos moitos puntos de Santiago que formaron parte da súa vida; por exemplo, a parada na Igrexa de Sta. Susana, onde Rosalía bautizou o seu fillo Adriano, e onde tamén tivo que enterrar o mesmo aos seus 20 meses de vida, e a Valentina, outra das suas fillas; de aí vén algún dos seus poemas, como En las orillas del Sar, poem...
Excursión ao cine do alumnado do CPI de Xanceda
CPI Xanceda

Excursión ao cine do alumnado do CPI de Xanceda

O martes 21 de decembro de 2021, con motivo da fin do trimestre, os estudantes fomos en autobús Á Coruña para ver Spiderman: No Way Home. Por Carme Roel Sánchez, Selma Blanco Pedreira, Gloria Iglesias Grobas, Martina Carro Freire Este filme consta de tres elementos básicos e variados: acción, comedia e drama. A isto engadímoslle unhas escenas alucinantes para que o/a espectador/a permaneza totalmente atento/a á pantalla durante as dúas horas de película. Moitos e moitas dos asistentes remataron en choros, provocando preocupación nos mestres e lagrimeando durante o traxecto de volta. Sen dúbida algunha, en Xanceda xa hai novos seguidores e seguidoras da editorial Marvel: “Pareceume moi bonita e emocionante, aínda que tamén dolorosa, iso que a min este conto de superheroes nunca ...