O CPI de Xanceda celebra o Magosto e o Samaín
O alumnado de 3º e 4º ESO prepararon unha gincana para celebrar o Magosto e o Samaín. Entrega de premios aos grupos gañadores dos concursos de vídeos e cabazas. Por: Javier López, Antón Quindimil. O alumnado do CPI de Xanceda celebrou o Magosto e o Samaín o pasado 28 de outubro. A partir das 12.00, suspendéronse as clases para celebrar a festa. O alumnado, moitos deles disfrazados, presenciaron a entrega de premios dos concursos de vídeos de terror e decoración de cabazas. Os grupos gañadores da III Edición do concurso Vídeos de Terror foron 4º de E. Primaria e 1º ESO, nas repectivas categorías. Pero non só os membros destes grupos recibiron premios; tamén houbo agasallos para o alumnado de E. Infantil e para todos os alumnos e alumnas de Primaria e ESO que participaron no conc...