Torneos solidarios en Visantoña
Final do torneo: Betanzos CF - Sporting Cambre Por: Sara Martínez Quindimil O sábado 30 de setembro e o xoves 12 de outubro tiveron lugar en Visantoña dous torneos de fútbol solidarios: un en categoría alevín (fútbol oito) e outro en categoría veterana (fútbol once e fútbol sete). Os fondos recadados serán destinados para axudar a Sergio co seu tratamento. Sergio é un rapaz de 17 anos que vive en Olas, Mesía, o concello ao que pertence a nosa escola. Este neno é unha das tres persoas de España que padecen unha enfermidade rara chamada paraparesia espástica tipo 50 (SPG50). Esta doenza neuromuscular dexenerativa produce síntomas como: déficit cognitivo, espasticidade progresiva, que provoca dificultade para camiñar e para falar, e ataques epilépticos, nalgúns casos. Pero, se accede á ...