O alumnado do CPI de Xanceda realiza unha andaina o 25 de novembro para manifestar o seu rexeitamento á violencia machista.
No Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, alumnado e profesorado camiñaron ata a Casa do Concello, onde leron un manifesto. Rapazas e rapaces de E. Infantil, Primaria e ESO coas súas pancartas. Por: Yaiza Lareo Gómez e Sara Martínez Quindimil No 25 de novembro, día no que se loita contra a violencia machista, no CPI de Xanceda realizouse unha andaina dende o instituto ata a Casa do Concello. Este evento comezou ás once da mañá, hora á que alumnado e profesorado saíron do centro. Ao chegar ao concello, preto das once e cuarto, as rapazas e rapaces de Educación Infantil e Primaria formaron a frase "Querémonos vivas" con grandes letras decoradas ao seu gusto. O alumnado da ESO fixo pancartas que contiñan frases como: "Se doe non é amor" , "...