Eu ó teu país fun brillar / e soltáchesme a noite para que me trabase (Lucía Aldao)

Etiqueta: xornal

O CPI de Xanceda de fronte ás violencias machistas
CPI Xanceda, Igualdade

O CPI de Xanceda de fronte ás violencias machistas

A cadea humana formada no CPI de Xanceda. Por: Estela Couselo e Sabela Varela. Con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, 25 de novembro, o pasado venres 24 organizouse un acto no CPI de Xanceda, en colaboración co Concello de Mesía, ao que asistiron os diferentes membros da comunidade educativa, así coma representantes da corporación municipal e veciñas/os. A conmemoración tivo como lema o da campaña da Deputación da Coruña, “DE FRONTE á violencia de xénero”, e o acto comprendeu a realización dunha cadea humana caracterizada pola vestimenta negra das personas participantes e a lectura dun manifesto por parte do alumnado do 6º curso da Educación Primaria e dos diferentes cursos da Educación Secundaria. As encargadas de ler ...
Comeza un novo curso e volve P(r)ensamos
CPI Xanceda

Comeza un novo curso e volve P(r)ensamos

Por. Yaiza Lareo Volve P(r)ensamos! Outro ano máis con moitas ganas de traballar, e con novos integrantes, todos e todas moi entusiasmados por este novo ano de redacción. Este ano ampliamos o equipo, formado por 38 membros. As persoas que participamos somos as seguintes: 1º ESO: Paula García, Leire García, Tamara Gómez, Miriam López, Estela Rodríguez, Sara Pacheco, Paula Pérez, Román Sánchez , María Sanjurjo, Hugo Súarez e Catalina Velo. 2º ESO: Antía Carro, Martín Cao, Lucas Castro, Estela Couselo, Naya García, Lucía Manteiga, Samuel Pernas, Xoel Sánchez, Sara Sanjurjo, Sabela Varela, Sofía Rico, Manuel Covelo e Adriana García. 3º ESO: Miguel González, Alba Sánchez, Breogán Vázquez 4º ESO: Xoel Cao, Yaiza Lareo, Sara Martínez, Roi Pardo, Lucas Rodríguez e Vítor Sánch...
Proxecto sobre a Memoria Democrática: A voz da historia.
CPI Xanceda

Proxecto sobre a Memoria Democrática: A voz da historia.

Por: Alba Carro e Martina Carro Os alumnos/as de 3º e 4º da ESO do CPI de Xanceda levamos a cabo unha actividade sobre a Memoria Democrática, na que nos dedicamos a facerlles preguntas a persoas represaliadas ou que tiveran algunha historia que contarnos en relación coa ditadura franquista. O proxecto foi organizado por AGARESO e financiado polo Ministerio de Presidencia, Relacións coas Cortes e Memoria Democrática. Unha vez feitas as entrevistas ás persoas informantes, creamos dous podcast, un en cada grupo, coa axuda de Verónica. Ela forma parte de AGARESO, unha asociación de xornalistas na que traballan polo cambio social en Galicia. Neste proxecto, centrado no papel das mulleres da época, traballamos con persoas do concello de Mesía e arredores, que nos contaron numerosas h...
Viaxe do alumnado de 4º ESO a Mallorca
CPI Xanceda

Viaxe do alumnado de 4º ESO a Mallorca

Do día catro ao seis de maio, o alumnado de 4º ESO realizamos unha viaxe de fin de curso á illa de Mallorca,. Foron uns marabillosos dias nos que tivemos o pracer de visitar numerosos lugares da illa. Por: Claudia Regueiro e Selma Blanco No segundo día da nosa excursión por Mallorca, comezamos a coñecer as partes máis agochadas dailla. COVAS DO DRACH Situadas en Porto Cristo, na costa oriental de Mallorca, estas covas de 1200m de lonxitude e unhaprofundidade de 25m son un gran atractivo para quen as visita. Ademais, puidemos gozar da súabeleza acompañada dun concerto de música clásica en barcas, nas que posteriormente atravesamos o lago subterráneo. TRAVESÍA EN CATAMARÁN E RUTA POR PALMA Navegamos pola costa mallorquina durante horas. Fondeamos perto da Cala Vella...
O CPI de Xanceda lanza o proxecto P(r)ensamos
CPI Xanceda

O CPI de Xanceda lanza o proxecto P(r)ensamos

O xoves sete de abril o CPI de Xanceda presentou o proxecto P(r)ensamos. Un proxecto innovador, nunca antes visto na comarca, que pretende informar da actualidade do colexio e da contorna, así como loitar contra a desinformación, traballar pola igualdade e contribuír á normalización da lingua galega. O Logotipo do proxecto P(r)ensamos Por Juan Cao O noso proxecto ten como obxectivo a publicación dun xornal dixital con artigos de información sobre o colexio, Mesía e arredores. Tamén esperamos desmentir noticias falsas, así como algo moi importante, loitar pola igualdade e defender a nosa lingua. Este traballo conta coa participación dun grupo do alumnado de ESO. Promovido pola Biblioteca Escolar, coa colaboración do Departamento de Galego, a súa creación foi coordinada polo li...