Final do torneo: Betanzos CF – Sporting Cambre
Por: Sara Martínez Quindimil
O sábado 30 de setembro e o xoves 12 de outubro tiveron lugar en Visantoña dous torneos de fútbol solidarios: un en categoría alevín (fútbol oito) e outro en categoría veterana (fútbol once e fútbol sete). Os fondos recadados serán destinados para axudar a Sergio co seu tratamento. Sergio é un rapaz de 17 anos que vive en Olas, Mesía, o concello ao que pertence a nosa escola. Este neno é unha das tres persoas de España que padecen unha enfermidade rara chamada paraparesia espástica tipo 50 (SPG50). Esta doenza neuromuscular dexenerativa produce síntomas como: déficit cognitivo, espasticidade progresiva, que provoca dificultade para camiñar e para falar, e ataques epilépticos, nalgúns casos. Pero, se accede á terapia xénica, existe a posibilidade de que o seu estado de saúde mellore.
No torneo de categoría alevín participaron 16 equipos:
Visantoña , Burgo , Tordoia , Órdenes “A”
Carral , Betanzos , Laracha , Órdenes “B”
Cambre , Cristo Rey , Cercedense , Atl. San Pedro “A”
Arteixo , Olímpico , Luiz Calvo Sanz , Atl. San Pedro “B”
Outros equipos participantes foron:
– Veteranos do Abellá F.C.
– Veteranos do Deportivo da Coruña
– Ardebullo F.C (equipo creado especificamente para este torneo, cuxos compoñentes non eran na súa totalidade veteráns).
Os equipos gañadores do torneo alevín foron:
1º POSTO: Betanzos C.F.
2º POSTO: Sporting Cambre
3º POSTO: Olímpico C.F.
4º POSTO: S.D. Órdenes “A”
No de categoría veterana non houbo gañadores. Porén, entregóuselles uns trofeos como mostra de agradecemento pola súa participación.