Eu ó teu país fun brillar / e soltáchesme a noite para que me trabase (Lucía Aldao)

Viaxe do alumnado de 4º ESO a Mallorca

Do día catro ao seis de maio, o alumnado de 4º ESO realizamos unha viaxe de fin de curso á illa de Mallorca,. Foron uns marabillosos dias nos que tivemos o pracer de visitar numerosos lugares da illa.

Por: Claudia Regueiro e Selma Blanco

No segundo día da nosa excursión por Mallorca, comezamos a coñecer as partes máis agochadas da
illa.

COVAS DO DRACH

Situadas en Porto Cristo, na costa oriental de Mallorca, estas covas de 1200m de lonxitude e unha
profundidade de 25m son un gran atractivo para quen as visita. Ademais, puidemos gozar da súa
beleza acompañada dun concerto de música clásica en barcas, nas que posteriormente
atravesamos o lago subterráneo.

TRAVESÍA EN CATAMARÁN E RUTA POR PALMA

Navegamos pola costa mallorquina durante horas. Fondeamos perto da Cala Vella, onde puidemos
baixar do vehículo para gozar dunhas augas cheas de frescura e cristalinidade. A pesar do mareo
dalgúns de nós (a causa do movemento das ondas), resultou para moitos unha nova experiencia
apetecible de repetir.

Posteriormente ao percorrido, visitamos a cidade de Palma, coa agradável compañía dunha guía turística que nos situaba no contexto histórico correspondente. Alí, puidemos admirar obras arquitectónicas fascinantes: a Catedral-Basílica de Santa María de Mallorca, un templo gótico que comezou a construírse ao redor do século XIII; o Castelo de Bellver, unha fortificación de estilo gótico cos seus famosos patios de estilo barroco; o parque do mar, construído no 1970, debido a que, trala construción da autoestrada e o paseo marítimo, quedou un gran espazo entre a antiga liña de mar e a nova vía. Ademais, contén un gran lago de auga salgada que simboliza o mar que antigamente bañaba a muralla da catedral.

ILLA DRAGONERA

No cuarto día da nosa viaxe, dirixímonos ao nordeste en ferri, ata chegar ao parque natural de Illa Dragonera, que nos anos 70 estivo en perigo polo proxecto da construción dun hotel, pero actualmente segue tendo unha excelente riqueza de flora e fauna, cunha gran variedade de especies de lagartos. En total, hai catro sendeiros para chegar a miradores que permiten desfrutar dunha vista de toda a fronteira mallorquina e zonas de interese de Dragonera.

SÓLLER E SA CALOBRA

No quinto día da nosa viaxe, dirixímonos en tren a unha famosa localidade de montaña mallorquino: Sóller. Alí, puidemos facer un traxecto en tranvía ao longo do municipio, admirando as súas vivendas tradicionais e a Igrexa de Sant Bartomeu de Sóller ,de estilo romántico-gótico. Posteriormente, no porto, collemos un barco ata Sa Calobra, onde, aínda que o ceo estaba certamente cuberto, algúns e algunhas de nós quixemos gozar dun baño nunha cala colmada de especies de peixes e rodeada de cordilleiras con cabras montesas.

AQUALAND

No derradeiro día, gozamos de moitas instalacións con tobogáns de diferentes formas e tamaños e tomamos o sol rodeados de galos e galiñas moi simpáticos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *