O 27 de novembro, ás 17:00h celebrouse no campo das Brañas o partido entre CF Visantoña e CD Mesía, que rematou cunha vitoria para o clube de Mesía.
Por: Sergio Vázquez e Miguel Pernas
O partido comezou con moita tranquilidade e poucas ocasión para ambos equipos. No minuto 37, o CD Mesía recibiu o seu primeiro cartón amarelo nunha dura entrada de José Peteiro.
A primeira parte acabou con empate e con poucas ocasións. Volveron saltar os xogadores ao campo e, no minuto 56, o CD Mesía viu o seu segundo amarelo por parte de Diego Martínez. O CD Mesía realizou cambios tácticos para tratar de adiantarse no marcador: no minuto 60 entran Javier Fernández e Uxío Pedreira por Diego Martínez e Antonio Villasenín. Un minuto despois de realizar os cambios, Daniel Aguión estrea a conta de amarelos para o CF Visantoña. No minuto 62 o CF Visantoña cambia a Jesús Ois por José R. Gonzaléz para darlle velocidade ao seu xogo. Chegado o minuto 66, André Rodríguez recibe un cartón amarelo para o CF Visantoña por unha dura entrada. Chega entón a dobre substitución nas filas do CF Visantoña: entran Juan A. Campelo e Martín Rivas para que saian Alejandro Sánchez e Andrés Raña. Cun golazo pola escuadra, imparable para o porteiro, Rubén Grobas adianta o CD Mesía no marcador no minuto 74. Na celebración do mesmo, o autor do tanto viu o cartón amarelo por quitar a camiseta. Ao cumprise o minuto 75, o CD Mesía quedaba sen un xogador por dobre amarelo de Jose Peteiro. Un minuto despois, chegou outro amarelo para o CD Mesía, que recibiu Esteban Martínez, e no minuto 81, dobre expulsión no CD Mesía que, sen Juan Jesús Vieites e Víctor Manuel Valiña, tería que aguantar o resto do partido con 9 xogadores no campo. Prodúcese un cambio táctico nas filas do CD Mesía no minuto 85: entra Manuel A. García e sae Alejandro Regueiro. Xa ao borde do final, e co CF Visantoña desesperado, José R. González recibe un amarelo por unha dura entrada.
O partido finaliza cun 0-1 favorable ao CD Mesía. Tras este encontro os dous equipos sitúanse con 20 puntos na liga.