O día 9 de xuño o alumnado de 4ºESO do CPI de Xanceda visitaron o laboratorio do CHUS.
Por: Antía López
A visita dividiuse en dúas partes: na parte inicial da visita fomos á área de endocrinoloxía e na segunda ao laboratorio de oncoloxía.
Na área de endocrinoloxía faláronnos das células musculares, ensináronnos imaxes para vermos como é unha rotura de fibras musculares. Tamén nos mostraron como podemos diferenciar o sangue con anticoagulante e sen el. A continuación, puidemos realizar unha práctica que consistía en traspasar mostras de analíticas dun recipiente a outro.
Na segunda parte da visita, xa no laboratorio de oncoloxía, aprendemos, a través dunha breve presentación, como se desenvolve o cancro a nivel celular e as súas principais causas. Deste xeito podemos saber como prever a enfermidade.
Nesta mesma área, observamos a través dun microcospio as distintas fases polas que pasa a célula no momento de reproducirse.