Eu ó teu país fun brillar / e soltáchesme a noite para que me trabase (Lucía Aldao)

Visita do alumnado da ESO á Casa Museo Rosalía de Castro

O alumnado de 1º 2º e 3º da ESO fomos de excursión á Casa da Matanza en Padrón, lugar onde viviu a poeta Rosalía de Castro antes do seu pasamento.

Por: Juan Cao

Estatua de Rosalía de Castro na Casa da Matanza

“Quen ten casa de seu ten media vida.”


Rosalía de Castro, Follas Novas

O mércores vinte e sete de abril, o alumnado da ESO do CPI de Xanceda, tivemos a oportunidade de visitar a Casa Museo de Rosalía de Castro en Padrón. Nela puidemos ver o lugar onde viviu ata a súa morte e entender mellor como foi a súa vida.

No museo vimos unha gran variedade de documentos da época, algúns cadros pintados polo seu fillo e moitas pertenzas da autora que nos axudaron a coñecer mellor a súa vida e entender mellor a súa obra.

Ademais, desfrutamos do xardín da casa onde había moitas especies de árbores autóctonas, na súa maioría camelios.

O alumnado do centro na Casa Museo Rosalía de Castro

Despois da visita ao museo, tamén gozamos dun paseo polas rúas de Padrón que seguramente percorreu Rosalía na súa época.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *