Eu ó teu país fun brillar / e soltáchesme a noite para que me trabase (Lucía Aldao)

TOXOS: PINCHANDO POR MESÍA

Foto do grupo co percursionista Robin Leira da orquestra New York.

Os alumnos e alumnas de 4 da ESO, coa axuda da profesora de música, Patricia e os alumnos de 3 da ESO, crearon unha banda: Toxos. A creación da banda ten como finalidade desfrutar da musica por parte de todo o alumnado e recadar diñeiro para a excursión de fin de curso de 4 da ESO.

Para realizar as actuacións contaron coa colaboración de diferentes establecementos do concello así, o primeiro concerto tivo lugar no bar Faustino, en Xanceda e o segundo, no Clavel de Visantoña.

Nos concertos pódese desfrutar de cancións de ABBA, Police, Alaska, Katy Perry, algunhas típicas galegas como a Rianxeira, e moitas mais. Para tocar estas cancións utilizan varios instrumentos, como o piano, frauta, xilófonos, caixa, pandeiretas, o chaston, etc…

A todo o alumnado lle pareceu unha experiencia agradable e o público animouse e acabou por acompañarnos cantando.

Aínda lles queda un ultimo concerto que será anunciado en breve, espéranvos a tod@s alá!



Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *