O alumnado de Cultura Científica do CPI de Xanceda crea unha conta de Instagram para a divulgación científica
Os alumnos e alumnas de cuarto da ESO levan a cabo o proxecto no que pretenden publicar periodicamente artigos relacionados coa ciencia. Por: Juan Cao e Alba Fiaño A conta é pública desde mediados de outubro deste ano co usuario: @cucixanceda. Durante este tempo, foise ampliando o seu contido cada semana. Nela inclúense datos, curiosidades e novas do ámbito das ciencias e da tecnoloxía. A día de hoxe conta con máis dunha vintena de publicacións relacionadas cos temas que se van tratando no currículo da materia. Polo de agora conta con artigos relacionados co universo e co medio ambiente, que se irán ampliando a medida que avance o curso escolar. Mediante esta ferramenta preténdese dar a coñecer as ciencias, facer divulgación e achegar a ciencia e a tecnoloxía a todas as persoas...