Eu ó teu país fun brillar / e soltáchesme a noite para que me trabase (Lucía Aldao)

Etiqueta: catedral

Alumnado da ESO visita a cidade de Santiago de Compostela
CPI Xanceda, Cultura

Alumnado da ESO visita a cidade de Santiago de Compostela

O día 20 de marzo o alumnado de 1º, 2º e 4º de ESO do CPI de Xanceda visitamos Santiago para coñecer a historia da cidade e a catedral Por: David Pérez Alumnado de 1º de ESO nas cubertas da catedral de Santiago. A visita dividiuse en tres partes: na primeira percorremos as rúas máis coñecidas de Santiago; na segunda, coñecemos as cubertas da catedral e, por último, vistamos o seu interior. Durante a visita á cidade de Santiago, realizamos unha andaina polas rúas do casco histórico, acompañada dunha explicación da profesora de Historia sobre a arquitectura de diversos edificios, así como a historia dalgunha rúa moi coñecida, por exemplo, a Rúa Nova. Tamén nos detivemos nalgunhas casas destacadas, que na súa fachada contiñan escudos que indicaban a que estamento pertencían; por ...