Eu ó teu país fun brillar / e soltáchesme a noite para que me trabase (Lucía Aldao)

Etiqueta: escritora

Luz Fandiño: “Pasei moita fame de ler”
CPI Xanceda, Cultura

Luz Fandiño: “Pasei moita fame de ler”

Luz Fandiño é unha activista e poeta que naceu en Santiago de Compostela no 1931. Actualmente continúa escribindo e acode a centros sociais e colexios para falar sobre os seus poemas, a súa emigración, e a súa visión sobre a vida. O pasado mércores 23 de marzo acudiu ao C.P.I de Xanceda e concedeunos unha entrevista para inaugurar a nova iniciativa da biblioteca escolar “O Cofre das Verbas”, que pretende adicar o Día da Poesía (21 de marzo) a unha muller poeta diferente cada ano. Por Alba Couselo, Antía López, María Bello, e Sara Sánchez Cres que todo o mundo ten a capacidade de escribir poesía? Claro que si. A poesía que é? Ata unha folla seca o é, todo é pura poesía. Eu, como amante da poesía, non presumo de ser poeta porque non o son; considero que hai poesía que necesit...