Esta tempada contamos con novos membros, con boas ideas e moitas ganas de traballar e informar.
Por: Juan Cao
Despois desta parada de verán, P(r)ensamos volve con moitas máis ganas que nunca de continuar. Este ano ampliamos a redacción e contamos con 31 membros. Esperamos que, deste xeito, poidamos publicar máis e mellores noticias, algunhas entrevistas, crónicas e mesmo artigos de opinión.
Aproveitamos tamén para dar as grazas a Moisés Álvarez e Dores Díaz, posto que sen eles o proxecto nunca podería ter comezado. Ademais, cabe mencionar ás nosas compañeiras, que xa non están no centro, polo seu esforzo e dedicación de cara ao proxecto.
Esperamos non decepcionarvos.
Canto me alegro de que sigades co proxecto! E que ben que sexades mais os que vos animastes que o ano pasado!
Nós tamén nos alegramos de que o sigades lendo as ex-alumnas que iniciastes esta andaina no curso pasado. Sempre que queirades facer un comentario, unha suxestión ou calquera colaboración, aquí vos agardaremos