Eu ó teu país fun brillar / e soltáchesme a noite para que me trabase (Lucía Aldao)

O concello impulsa unha intervención arqueolóxica no castelo de Mesía.

Comezan os labores de limpeza e coidado do castelo de Mesía a cargo da cooperativa galega Árbore Arqueoloxía.

Imaxe aérea do castelo de Mesía. Foto:Árbore Arqueoloxía S. Coop. Galega.

Por: Carme Roel, Sara Sánchez e Uxía Cernadas.

Durante o mes de setembro de 2022 levouse a cabo un proxecto, impulsado polo Concello de Mesía e Árbore Arqueoloxía S. Coop. Galega , cooperativa adicada ó mundo da arqueoloxía e á restauración, co obxectivo de reparar e coidar o castelo. Fíxose unha limpeza e retirada da vexetación do interior da torre que permitiu ver mellor como é . Ademais limpouse manualmente, para a definición dos chanzos das escaleiras, e na beira do río Samo atopouse unha estrutura que semellaba ser unha torre defensiva.

O castelo ou torre-fortaleza de Mesía, hoxe en ruínas, data de finais do século XIII ou principios do XIV. Está situado na Pobra de Mesía, nun pequeno outeiro na ribeira do río Samo, un lugar estratéxico dende o que noutros tempos se exercía o control das terras de Mesía sobre un dos camiños que comunicaban Santiago de Compostela e Betanzos na Baixa Idade Media. O Concello de Mesía adoptou no seu escudo esta torre que estivo en pé ata 1859, cando foi derruída.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *